Parecía que Ana e David conseguiran ser felices, lonxe das intrigas das súas familias. Pero a moza é moi infeliz e decide poñer terra de por medio. No medio da noite e, tras abandonar a David na súa casa de Lugo, a moza aparecerá en Louredo e non se lle ocorrerá mellor idea que pedir asilo, en segredo, na casa do Padre Casares. Os comentarios están servidos...
Mentres, na casa de seu sogro, a noticia do cesamento provisional da súa convivencia caerá como un xerro de auga fría. David, preocupado pola desaparición da súa muller, transmitirá rapidamente os seus temores aos seus pais. Ana está a piques de dar a luz e ninguén sabe onde se agocha. Ademais, a noticia da desaparición da parella servirá de pretexto a Moncha e Amelia, para botarse á cara historias que pertencen ao seu pasado.
Por outra banda, Preciosa, a sobriña de don Crisanto despídese e regresa ao convento, despois de enlear sen descanso as xa de por si complicadas relacións entre os veciños da vila.