O 'vello pastor' da igrexa de Santo Antón de Louredo celebra as súas vodas de ouro, pois cumpre cincuenta anos como sacerdote da vila. A intención de don Horacio e do resto dos fregueses da parroquia é a de festexar por todo o alto este acontecemento, pero cura pensa que todo o que se está a organizar non deixa de ser unha manobra máis para xubilalo antes de tempo. Doutro lado, durante a preparación dos actos festivos, o 'Padre Casares' descubrirá o segredo mellor gardado de Amelia, a muller que lle axuda nos quefaceres da súa casa.