Desta volta será a Santísima Trindade, un dos maiores misterios da fe católica, o que convulsione a vida de Elsa, unha das veciñas máis relixiosas da parroquia costeira de Santo Antón de Louredo. Estas inquedanzas espirituais da eterna namorada de Sindo, sumaranse así ás de teólogos, eruditos e grandes pensadores que intentaron comprender a natureza das Tres Persoas: Santo Tomás, San Xerónimo... Este desacougo de Elsa provocará a preocupación do Padre Casares e Don Crisanto, que temen a perda dunha das súas beatas máis fieis