Eva infíltrase nun hotel onde prostitúen a menores e rouba un disco duro no que gravan o que acontece nos cuartos. Salgado non aparece por ningún lado. Miranda segue os seus pasos e atópao xunto ao cadáver da directora da axencia de modelos. O inspector cre que os asasinatos das margaridas están relacionados cun caso do pasado. Eva entra na darkweb e ve un show online no que abusan de Rebeca.
A saúde mental de Eva Mayo empeora e comeza a dubidar de si mesma e das súas propias accións. Pero a desaparición de HuiChi fai que Eva se poña en acción: non ten tempo que perder. Salgado e Miranda encontran novas pistas no caso das Margaridas e unha testemuña clave para a investigación que se bota atrás no último momento.