Despois de coñecer semana tras semana historias de amor únicas e peculiares que nos achegaron as circunstancias máis variadas de cada parella, como as declaracións de amor máis románticas; os nervios dos preparativos nupciais, as opinións e desexos de amigos e familiares e as expectativas, preocupacións, conflitos e ilusións dos protagonistas respecto ao gran día das súas vidas, o programa “Casamos!” dedica un dos seus programas especiais á hora da verdade: como organizar todo o evento, asesorando e ofrecendo algunhas das mellores eleccións que hai que ter en conta para celebrar un enlace. Para achegarnos como sería a voda ideal, esta edición especial reúne hoxe deliciosos menús, restaurantes idílicos, cerimonias innovadoras, traxes elegantes e xoias rutilantes para acompañar un día único. E para facelo posible, o programa fala con organizadores de vodas que ofrecen un abano sorprendente de atractivas opcións, en concreto cunha parella que comparte oficina e vida en común, a forma