All Seasons

Season 1

  • S01E01 Programa 1: Celia e Mary

    • January 22, 2020

    Dúas familias opostas. Unha, defensora da comida tradicional galega e outra, dunha alimentación moderna máis saudable. As nais intercambian as súas vidas entre si durante unha semana de convivencia.

  • S01E02 Programa 2: Esther e Vanessa

    • January 29, 2020

    Esther é unha nai surfista e moi ecoloxista, preocúpase por transmitir a súa preocupación polo medio ambiente aos seus fillos e educalos en valores como a reciclaxe, a recuperación e a reutilización dos produtos. A súa filosofía pasa por eliminar os plásticos da vida cotiá, o cero consumismo e o aproveitamento dos recursos. As actividades de ocio preferidas pola familia baséanse no amor pola natureza, o mar e a montaña, practican xuntos surf e escalada, acampan cos seus fillos as fins de semana viaxando na furgoneta familiar en que se aloxan. Como se desenvolverá nunha familia que considera que o cambio climático é unha farsa? Será capaz de cambiar os seus hábitos? Abandonará a casa desesperada aos tres días? Vanessa é unha nai con moito encanto, preocupada pola súa imaxe debido ao seu traballo como cantante no dúo musical Carpe Diem que forma xunto co seu marido. É unha nai consumista: os seus armarios están repletos de abelorios, plumas e zapatos de tacóns altos, imprescindibles nos seus espectáculos de verbena popular, o seu frigorífico cheo de produtos envasados en plásticos e a súa casa, conta cun televisor en cada unha das estancias. Con respecto aos ecoloxistas, Vanessa opina que non vai solucionar os problemas do planeta e, por comodidade doméstica, a reciclaxe non se contempla. Será capaz de vivir unha semana baixo as normas dos que ela define como perroflautas? Como superará o reto de durmir ao aire libre nunha praia, facer surf e converter unha furgoneta no seu fogar? Que ocorrerá cando estas nais impoñan as súas propias normas? Adaptaranse as familias a vivir baixo unhas regras que son totalmente contrarias ás súas?

  • S01E03 Programa 3: Dolores e Paula

    • February 5, 2020

    Dúas familias opostas. Unha, do rural e outra, de asfalto. As nais intercambian as súas vidas entre si durante una semana de convivencia. Dolores, a nai do mundo rural, traballa a diario na explotación gandeira e agrícola que posúe. Debido ao seu traballo, non se maquilla nin se arranxa nunca, a imaxe persoal non é importante para ela e tampouco a orde nin a limpeza do seu fogar, para o que asegura que non ten tampo. No seu intercambio verase obrigada a limpar e ordenar segundo as normas estritas da mamá de asfalto e, ademais, terá que transformarse nunha vendedora de cosméticos que leva unha manicura perfecta, vai oao salón de peiteado dúas veces por semana e coida o seu aspecto ao detalle. Paula, a nai de asfalto, odia a vida no campo, nunha tivo contacto con animais de granxa nin desexa telo voluntariamente e malgasta ambientador cada vez que un lixeiro olor lle afecta o nariz, por ese motivo tampouco lle gusta cociñar. No seu intercambio verase obrigada a muxir vacas, mancharse sacando as patacas nun percorrido de douscentos metros de terra ou cociñar nunha lareira tradicional baixo un fumarento lume.

  • S01E04 Programa 4: Pilarita e Saray, Manu e Rocío

    • February 12, 2020

    Manuela e Rocío namoráronse hai catorce anos e casaron hai seis. Nahir é filla natural de Manuela e convive coa parella na súa casa da Coruña. Son unha familia de deportistas, practican kick boxing, hípica, esgrima e rugby. Manuela é enfermeira e Rocío, propietaria dunha empresa de limpeza, pero, na casa do ferreiro coitelo de pau, din que o que "non se fai hoxe, xa se fará mañá". Pilarita ten 62 anos e está xubilada, vive en Ferrol na mesma vivenda xunto coa súa filla Saray e os maridos de ambas. Tanto a nai como a filla defínense como unhas maniáticas da limpeza e da orde. Na súa casa, son as mulleres as que se encargan das tarefas do fogar. Son unha familia clásica, conservadora e tradicional.

  • S01E05 Programa 5: Sonia e Ángel / Begoña e Eduardo

    • February 19, 2020

    Uns, amantes da música dos oitenta e outro, da música tradicional galega. Begoña vive co seu fillo Miguel e a súa parella Eduardo en Ponteareas. Eduardo traballa nun obradoiro de gaitas no que fabrica de modo artesanal estes instrumentos, ao igual que o fixeron o seu avó e seu pai, e véndeos a través de internet. Para esta familia, a música tradicional galega forma parte da súa vida diaria. Tanto Begoña como Eduardo son moi aventureiro, namorados do deporte e do contacto coa natureza, practican todo tipo de deportes de risco. Que pasará cando descubran que a “nova nai” que lles visita non é en absoluto tradicional? Sonia e o seu marido Ángel defínense así mesmo como dous tolos da música da década dos 80 e así intentan transmitirllo á súa pequena de 3 anos Betsabé, ensinándolle as cancións e organizando coa nena festas temáticas con disfraces no salón. Ángel é músico de profesión e foi guitarrista do grupo que acompañaba ao cantante Tino Casal, na súa casa aínda conserva moitos recordos daquela época. Pola súa parte, Sonia gaña a vida como sanadora e tarotista, é unha muller moi sensitiva que practica distintas técnicas de meditación.

  • S01E06 Programa 6: Lucía e Pepe / Tamara e Santi

    • February 26, 2020

    Lucía é nai de tres fillos de 38, 34 e 21 anos que aínda viven no domicilio familiar. A pesar de que todos traballan, estudan e fan as súas vidas, aínda non se independizaron porque aseguran que están moi ben vivindo cós seus pais e, por outra banda, eses pais están encantados de telos a todos en casa como cando eran pequenos. Tanto Lucía como o seu marido Pepe, educaron aos seus fillos a través de pautas flexibles, as súas relacións familiares están baseadas no diálogo e na independencia. Lucía é unha muller de carácter doce, paciente e tranquilo, moi adecuado para o seu traballo como coidadora de nenos nun comedor infantil. Tamara e Santi son pais de dous nenos de cinco anos e ano e medio. Santi é un exmilitar que defende unha educación para os seus pequenos baseada na disciplina, na obediencia e na imposición de principios que lles inculquen valores para formarse como adultos responsables. Segundo Tamara, “o meu marido cree que aínda segue no exército e leva aos nenos como se foran soldados” Tamara é unha muller de carácter que se independizou dos seus pais con dezaseis anos e que está acostumada a dirixir a súa vida e agora, a súa familia con organización, rutinas e horarios pechados.

  • S01E07 Programa 7: Elvira e Alfredo / Susel e Jorge

    • March 4, 2020

    Dúas familias opostas. Unha familia tradicional galega e outra, de nacionalidade cubana. As nais intercambias as súas vidas entre si durante unha semana de convivencia. Elvira, a nai tradicional galega, vive en O Pino xunto co seu marido Alfredo e a súa filla Vanesa. Traballa como gandeira e atende diariamente as labores dos animais que cría: vacas leiteiras, porcos e capóns para a venta. Está acostumada ao traballo duro e a non dispoñer de tempo libre “é un traballo que non entende de fins de semana nin de festivos” Elvira tamén traballa dentro da casa ocupándose das tarefas domésticas posto que Alfredo é un home chapado á antigua que non sabe frixir nin un ovo. Será capaz esta nai de asumir un cambio radical e transformarse en modelo de fotografía? Conseguirá inculcar o seu amor pola agricultura na outra familia? Terminará adaptándose ás tradicións cubanas? Susel, a nai de nacionalidade cubana, vive en Culleredo. Odia a vida no campo, defínese a si mesma como urbanita. “Non me gustan nin o campo nin a herba. Tampouco soporto os animais de granxa. Nin as vacas nin cochos para min, grazas. E as galiñas ben lonxe, que me dan pánico!” Polo seu traballo como modelo de tallas grandes, desfila en pasarelas, fai sesións fotográficas e coida moito a súa imaxe. Susel asegura que na súa familia levan o ritmo no corpo porque, ademais das raíces cubanas, o seu pai é músico e súa nai, mestra de baile. Como encaixará esta nai cubana nunha granxa tradicional galega? Conseguirá vencer a súa fobia polo animais? Ou transformará aos granxeiros en urbanitas? Que ocorrerá cando estas nais impoñan as súas propias normas? Adaptaranse as familias a vivir baixo unhas normas que son totalmente contrarias ás súas?

  • S01E08 Programa 8: Mari e Enzo / Hugo e Teresa

    • March 11, 2020

    Dúas familias opostas. No concello de Cea a nosa familia de interior fronte á familia costeira do concello de Bueu. Neste capítulo o intercambio producirase entre o fillo, Hugo e unha nai, Mary. Mary ten 60 anos. Estivo emigrada en Venezuela con seus pais dende os dez anos, pero retornou a Cea hai xa dúas décadas. O seu home chámase Enzo, a súa rutina xira arredor da cafetería que rexenta. O bar adoita estar cheo de peregrinos, xa que alí sérvense almorzos e ceas. “Aquí madrugamos moito, xa que abrimos o bar ás sete da mañá”. Nesta casa todos colaboran nas tarefas do fogar. O traballo é fundamental nesta familia que está acostumada ao esforzo e o traballo duro. ¿Como será a súa convivencia cun mozo de 23 anos que odia madrugar? ¿Aceptará Hugo a Enzo como xefe? ¿Ou lle contaxiará da súa alegría vital? Hugo ten 23 anos, ten máis de cen mil seguidores nas redes sociais. Iso permítelle obter uns ingresos económicos polas súas publicacións, así que non ten outro traballo. É un influencer de Instagram. “O que máis me gusta é o contacto coa natureza. Son eu quen se ocupa do xardín e máis axudo ao meu avó coa labores do agro e os animais” ¿Como será a convivencia entre as dúas nais baixo o mesmo teito? ¿Superará Mary, aos seus setenta anos, o reto de vivir a vida dun mozo de 23? ¿Que ocorrerá cando os dous impoñan as súas propias normas? ¿Adaptaranse as familias a vivir baixo unhas regras que son totalmente contrarias ás súas?