Un novo barco chega ao porto de Ardora. César e os seus homes prepáranse para unha nova descarga. Non son os únicos. Manuela activa unha operación sen precedentes para cazar a César durante o transporte. Pero durante a operación algo sae mal. César decátase da presenza policial e evita, por pouco, a intervención da comisaría. Ante un novo fracaso, a pantasma dunha toupa entre os seus volve aflora na cabeza de Manuela e coa axuda de Cruz organiza un plan para descubrila. Despois de anular a descarga, César tamén pensa que ten a un delator entre os seus e encarga a Salvador que o atope custe o que custe. Salva non tarda en establecer unha lista cos seus sospeitosos e os primeiros que ocupan os postos de saída son Lucas e Estela. Lucas non pode ser o delator, pero Estela, a filla de Castor, xa é outro cantar... Mentres tanto, o escandaloso vídeo de Marcos espallouse por toda a cidade.
O corpo dun home morto dun disparo apareceu aboiando no porto de Ardora. No pescozo varias tatuaxes. Manuela e Cruz non tardan en identificar o morto co home que asaltou a comisaría para matar a Covas. Con este novo achado, Manuela e Cruz establecen unha teoría. Se o que matou ao home tatuado foi o seu socio, foron eles os responsable da matanza do Delta e do roubo da carga? Para confirmar a súa teoría necesitan a colaboración de Covas, ao que ofrecerán un trato que non poderá rexeitar. Mentres tanto, Marcos convocou unha rolda de prensa para pedir desculpas polo escándalo e intentar recuperar a súa prometedora carreira política. Despois de saber que Emilio Fortes, o seu pai, foi a mente pensante do escándalo, Rosalía valorará axudar a Marcos a recuperar o prestixio perdido, pero o seu nunca será como antes, e menos desde que César apareceu na vida de Rosalía.
A vinganza de Emilio contra César Longueira está en marcha. O cadáver de Silvia apunta directamente ao líder do porto e a comisaria Fortes non ten máis remedio que detelo. Despois de moitos anos a policía de Ardora colleu ao criminal máis buscado, pero aínda así, hai algo que non cadra. Cruz segue moi atenta ás manobras de Ramiro e sospeita da súa implicación no caso dalgún xeito. Despois de conseguir o parabén de Manuela, Cruz fará o imposible por achegar algunha relación do subinspector no coa morte de Silvia. Ao mesmo tempo, Antón, o máis pequeno dos irmáns Longueira, coñece todo o mal que fixo Salvador. A pesar das advertencias do seu irmán desde a comisaría,
Once meses despois da morte de Emilio Fortes, o porto de Ardora está en folga. Castor e César aliáronse para presionar a Marcos. Non queren que o alcalde siga adiante co plan para reconverter o porto comercial nun porto turístico. A negociación entre o concello e os estibadores non chega a un acordo. E desátase a guerra. As folgas son caras e a caixa común está baleira. César ten que conseguir cartos. O porto paralizado deixouno sen o seu negocio ilícito e intenta recorrer a Covas. Pero cando ve a súa actitude, desiste. Porén, a Antón, parécelle unha boa opción: e decide roubarlle os cartos ao narco. Pero nin Castor nin César aceptan ese diñeiro. E obrigan a Antón a devolvelo. Malia o roubo, Covas admira a determinación do rapaz e proponlle en segredo traballar para el. As Fortes tampouco pasan por un bo momento. A morte de Emilio marcounas.
A insostible situación no porto estoupa co asasinato dun estibador crebafolgas. Manuela descobre que o seu pai traballaba para César e que os movementos de cartos tamén salpican a Mercedes.
Unha furgoneta con inmigrantes ilegais pon Ardora patas arriba. Mentres Helena queda en shock ante a noticia que vincula a Antón coa morte do seu home, Marcos rexeita o proxecto para o porto de Rosalía e Lionel.
Despois do secuestro de Rosalía, Marcos accede a todas as peticións de Lionel. Pero César, que sospeita do que está acontecendo, acode a Manuela para contarlle a verdade sobre a súa relación e pedir axuda para atopala. Os movementos estraños de Marcos alertan a Cruz, que non pode evitar que o alcalde leve os cartos a Lionel. Pero este non cumpre a súa palabra: en canto ten o diñeiro, mata a Marcos e fire a Rosalía para chantaxear a César: se a quere salvar vai ter que sacalo de Ardora. E canto antes, porque Rosalía non durará moito se non recibe axuda médica. Sen nada que perder, Kubala decide saltar a lei e libera a Lionel para que leve a Cruz ata Rosalía. Cando Manuela o descobre, vai detrás de Cruz. Finalmente, as Fortes reúnense de novo: Rosalía está a salvo, pero Lionel logra escapar. Uns días despois, César ten un agasallo para Rosalía: Lionel. E pode facer o que queira con el.