É posible gardar un secreto en Santo Antón de Louredo? O caso é que Josito sofre un ataque de cornos. É posible que Fina lle fose infiel con Miñato? Ninguén se atreve a dicilo, pero algo tivo que pasar moi gordo entre a parella, que xa nin sequera dorme baixo o mesmo teito. Pero, onde están agora os protagonistas deste estraño triángulo erótico -festivo? Na casa dos Ferreira? Quizais na de Puri? De incógnito no concello o tal vez no local social?
Porque unha cousa é que eles queiran manter o secreto do que aconteceu e outra que os veciños de Louredo non o saiban, que tamén teñen os seus dereitos. E o dereito ao “lareteo” pode que non o contemple a Constitución, pero debería.
Sexa como sexa, segredo ou non, a rexouba ameaza a fráxil estabilidade da vila. Non é para menos: afecta directamente a familia do alcalde. O asunto chegará, non se sabe como, ata o mesmísimo bispo. Avecíñanse problemas...