A Delmiro espérao unha sorpresa no seu despacho do concello: Maite foi ao médico para tratar o seu estrés e deulle unha longa baixa, así que a funcionaria marcha a unha comuna de Xapón a relaxarse uns meses.
O primeiro edil séntese perdido sen a súa funcionaria favorita. Quen dará agora os cursos no local social? Quen amansará as beatas? O que non imaxina Delmiro é que a súa querida Moncha verá na ausencia de Maite unha oportunidade: a de ser ela mesma a nova monitora de actividades. Pero o alcalde ten os seus propios plans e un claro candidato, Miñato, o que desatará unha auténtica guerra fría con consecuencias na vida familiar e no día a día do consistorio.
Mentres, a parroquia sofre os danos colaterais da reestruturación do concello: se Miñato vai traballar con Delmiro, quen se ocupará da sancristía? Un peculiar xogo de cadeiras baleiras que ameaza con facer saltar polo aire a estabilidade da vila.