Os veciños de Louredo van vivir un novo episodio, esta vez como “Pobres de espírito”, onde vai producirse o primeiro choque co cura Rodrigo, ao estenderse por toda a vila a súa fama de fillo de rico e comezar a perseguilo para que lles faga todo tipo de favores e negocios, “no nome do pai”, don Marcial, que chega co propósito de reconquistar o fillo. Pero o que ninguén entende é por que o rico herdeiro renunciou a todo para facerse sacerdote.
Así as cousas, o ruxerruxe está servido e o enfrontamento, tamén, pois Rodrigo acabará tan asfixiado polos seus veciños, que lles dará un ultimato e, ao igual que o seu antecesor don Horacio, comezará a pensar se non é mellor fuxir do salvaxe Santo Antonio de Louredo. E namentres todos están pendentes da evolución de Rodrigo co pai, Moncha, a muller do alcalde, non entende por que o marido dorme fóra da casa e rexeita volver con ela...
Pero, antes da emisión do capítulo, os habitantes contarán na sección “Louredo responde” como se conquista nesta vila.