Os veciños de Louredo están fartos de ver a Miñato presumir do seu éxito coas mulleres. Tanta fanfurriñada terminou coa paciencia de moitos, en especial coa de Puri, que cansa de escoitalo maldice ao chapuzas cun mes de abstinencia. A sorpresa chega cando ao mozo lle saen unhas verrugas alí onde as costas perden o seu casto nome. En canto Maite se decata, a aversión que lle provoca é tal que non permite que o mozo a toque. Parece que a maldición de Puri xurdiu efecto...
Este problema particular de Miñato converterase rapidamente en chisme oficial da parroquia para divertimento de todos. Con todo, ao chapuzas o tema non lle parece nin moito menos gracioso. Desesperado por solucionalo, está disposto mesmo a encomendarse ao santo milagreiro de Ferráns, algo que os fregueses de Santo Antonio non pensan permitir.
Doutra banda, Horacio continúa tan preocupado pola saúde de Amelia que non a deixa soa nin un segundo, o que provocará fortes encontróns entre ambos os dous. O exceso de atencións por parte do cura fará, ademais, que Amelia se sinta inútil e pense que os seus días a cargo da reitoral pasaron á historia.