Ana Ledo coñece a Adelaida (Susana Dans), a alcaldesa consorte da vila. Unha alcaldesa moi particular que tamén aplica a normativa do concello dun xeito moi particular. Na vida familiar, a xuíza intenta afacerse á súa nova vida, pero a súa familia non vai ao mesmo ritmo. O seu home, Roberto, cada vez ten máis traballo na cidade e pasa pouco tempo con eles e Iria, a filla adolescente, non acaba de encaixar ben de todo que a súa nai decidira quedar a vivir alí sen importarlle a vida que a rapaza tiña na cidade.