Home / Series / Saudade de ti / Aired Order / Season 2 / Episode 84

84

Despois da marcha de Artai, Mauri necesita ter a cabeza ocupada noutros asuntos e por iso vai á tenda de Brais anotarse ás clases de submarinismo. Pero alí ten a oportunidade de participar noutro asunto moito máis interesante: formar parte da investigación sobre David e Belén que está levando a cabo o pequeno dos López de Castro. Pola súa banda, David tenlle que ocultar a Elba que pasou a noite con Adela, ademais de seguir mantendo agochados os segredos do seu pasado. Cada día que pasa, Mónica está máis preocupada, tanto pola delicada situación da empresa como polo seu parto, que ve xa moi próximo. O único que pode aliviar a súa tensión é Santi, pero o enfermeiro ten os seus propios problemas con Celia.

galego
  • Originally Aired July 17, 2023
  • Runtime 33 minutes
  • Created July 17, 2023 by
    olaya
  • Modified July 17, 2023 by
    olaya