As sospeitas sobre quen foi o responsable da malleira a Garay parecen recaer en Santi. Xa que logo, Raúl pode retomar a súa relación amorosa con Celia, aínda que Isidro non está cómodo mentres non quede descartada por completo a posibilidade de que sexan irmáns. Outra que tampouco se sente cómoda é Elba, que se quere liberar da súa virxindade, pero non sabe se debe compartir as dúbidas que lle provoca este feito co seu mozo. Pola súa parte, David está moito máis interesado en satisfacer a Adela, para quen está xestionando a compra de Caldeirada de Abrente.