Raúl e mais Isidro descobren o acoso que Garay está a exercer sobre Celia. Tanto eles coma Santi saben que esta situación non vai parar mentres non tomen cartas no asunto e iso é o que pensan facer. Grazas á información proporcionada por David, Adela pode despedir a Raúl da empresa familiar sen lle ter que pagar ningunha indemnización. Mónica non tarda en decatarse de que David está xogando a dúas bandas, tanto no profesional coma no sentimental. O xuízo contra Gaspar é inminente e Teresa quérese asegurar de que seu irmán acabe no cárcere, a pesar de que ninguén teña moita fe en que a xustiza vaia facer o seu traballo. Ademais, parece que todos teñen asuntos máis urxentes dos que preocuparse.