Celia enfróntase a un importante dilema cando Garay chega ao Centro de Saúde cun grave malestar. A doutora Eiroa quere actuar con responsabilidade, pero a actitude protectora de Santi, coñecedor do acoso ao que este home está sometendo a Celia, provoca un desencontro entre eles. Isidro vai descubrir o seu verdadeiro parentesco con Celia grazas ás probas de ADN e os resultados poderían revelar que Olga lle foi infiel con Gaspar moito máis tempo do que pensaba. Raúl, atado á empresa da súa familia, comparte impresións co fillo de Belén, o seu novo compañeiro de traballo. Pero proporcionarlle información a David, que está desexando facer méritos diante de Adela, pode ser perigoso.