Celia debátese entre contarlle a Isidro o da infidelidade de Olga ou levar o segredo á tumba. Noa trata de evitar a Brais despois do seu bico. Non é para menos, pois se as sospeitas da rapaza son certas Raúl sería seu pai.
Dimas teno complicado para tapar o roubo de Uxía e manter as mans limpas. Sobre el está a mirada do auditor... e a de Mónica, que pode ser moito máis perigosa.