Isidro está ingresado no hospital por mesturar alcol cunha medicación que non sabe ninguén de onde a sacou. Celia non ten dúbidas. Para ela a culpa é de Santi. Noa atopa unha fotografía dedicada na que aparece a súa nai cando era nova bicando un misterioso mozo. Agora que teñen no seu poder o colgante de Olga, Mónica e Raúl non dubidan en utilizalo para chantaxear a Gaspar e así conseguir o control da empresa.