A familia Mendoza chega desde Madrid a Viguña despois de apropiarse do balneario da vila. Así comeza un enfrontamento entre eles e a familia do Marqués de Miño, que pretendían poñer eles a andar o negocio. No mesmo tren chega Marta Souto -que arrastra un pasado despoñecido- para encargarse da educación do fillo do marqués.
O marqués quere expulsar os Mendoza, para iso ten que correr o sangue na vila de Viguña. Tras un asasinato, a investigación que inicia o capitán Bermúdez apunta como responsable a Pepa a Loba. Semella que só unha muller pode contar a verdade. Outra historia verdadeira que sae á luz é o motivo da melancolía que ten a Aurora en cadeira de rodas. Un amor que acabou, como se cadra ten que acabar o de Helena e Mario, pois así o recomendan todos.
Mario é aceptado nunha escola de arte. Buscar a inspiración dos seus debuxos en Helena pode traerlle aínda máis problemas agora que o capitán Bermúdez quere comezar a cortexala. Cando o marqués sabe que os Mendoza volven ter liquidez para continuar coas obras do balneario, desconfía da súa muller. Co que non conta é con que alguén do pazo está a colaborar tamén coa súa inimiga, Pepa A Loba.
A inauguración do balneario é inminente. Só un home pode evitala: don Marcial. Pero os seus plans poden ir aínda máis alá, porque en Viguña nada ocorre sen que el o saiba. O marqués acaba de aceptar que a súa filla Helena sexa cortexada polo capitán, xusto agora que Mario pode meterse en graves problemas con el por axudar os labregos fuxitivos.