Edición especial de Nadal do programa “Casamos!”, onde poderemos saber que foi de catro parellas das que foron testemuñas das súas vodas. Seguen namorados? Tiveron fillos? Como van pasar as festas? Todas as historias de amor teñen algo especial. Emocionan, fan rir e ás veces mesmo chorar. Nesta edición especial, o espazo da TVG visitará catro parellas que cambiaron as súas vidas desde a súa participación en “Casamos!”. O programa compartirá con eles os últimos preparativos destas festas tan sinaladas, mentres contan como lles foi a vida desde o seu casamento. Así, Choli e Dani prepáranse para a procura do agasallo perfecto para os máis pequenos da casa. Pola súa parte, Pamela e Pablo, cun novo membro na familia, vivirán a súa primeira Noiteboa como pais. Mentres, Marola e Xosé Manuel converten o Nadal nunha celebración da amizade e Kathy e Juan están cheos de novos proxectos e de ilusión para o novo ano.