Preséntanse ós doce famosos concursantes: Fran Cañotas, Noelia Rodríguez, Luís Iglesia, Trisha Fernández, Eddy Insua, Noelia Rey, Miguel Canalejo, Roi Méndez, Sabela Silva, Miguel Mandayo, María Mera e Eva Iglesias. Estos bailarán en parella as súas seis primeiras coreografías, sendo xulgados por Fran Sieira, a drag Marisa Prisa e Silvana Sestelo.
Fórmanse novas parellas a través da ruleta do programa, que interpretarán diferentes retos musicais sen deixar de sorprender na pista.
De ‘Thriller’ a ‘Gasolina’: baile, ritmo e moito show nun duelo de estrelas imparable.
‘Bailamos Celebrity’ sobe a temperatura coas coreografías desta semana. Música de verbena, rock e coreografías imposibles defenderán os participantes neste programa.
Noite de baile con música de cine, de estrelas do pop e de Eurovisión. Neste programa decídense os seis semifinalistas, o resto de participantes será eliminado.
Comeza a semifinal. Os seis semifinalistas fan coreografías con temas que eles mesmos escolleron. Os participantes eliminados fan unha actuación de baile de exhibición.
Repaso da traxectoria dos finalistas no programa.
Gran final na que se proclamará o gañador absoluto do programa.