Os espectadores e os habitantes de Santo Antón de Louredo recuperados xa do sorprendente resultado do sufraxio que lle outorgou a vitoria a D. Crisanto como novo alcalde, asistirán hoxe á súa toma de mando. Este feito provocará a ledicia dos veciños e o enfado de Delmiro, que non contaba con perder o cargo; amais, as primeiras decisións do cura traen polémica... Así as cousas, o ex alcalde vese na obriga de volver ao seu traballo anterior como taxista, non sen ter problemas con Moncha. Doutro lado, Iria regresa á vila con Ernesto, mentres que Gregorio, o mestre de relixión, estase a divorciar, algo que non lles gusta nada nin ás beatas nin a D. Crisanto, que tratará de impedilo. Ante a presión, Gregorio dimite e Horacio búscalle substituto sen saber que está máis cerca do que pode pensar...
Os espectadores e os habitantes de Santo Antón de Louredo recuperados xa do sorprendente resultado do sufraxio que lle outorgou a vitoria a D. Crisanto como novo alcalde, asistirán hoxe á súa toma de mando. Este feito provocará a ledicia dos veciños e o enfado de Delmiro, que non contaba con perder o cargo; amais, as primeiras decisións do cura traen polémica...