En Santo Antonio de Louredo comeza a campaña electoral máis agardada en moito tempo, cando o actual alcalde, Delmiro, parece atopar a solución para que don Crisanto abandone a súa candidatura: un inspector avaliará se o cura está en condicións ou non de presentarse ás eleccións. De momento, os candidatos celebran mitins e mesmo acordan un debate entre eles, pero Horacio insiste na idea de que don Crisanto non se presente ás eleccións e pídelle axuda ao bispo, quen visitará Louredo cun inesperado acompañante. Doutro lado, Conchita, unha freguesa de Tapeirán, comeza a frecuentar a compaña de Horacio Casares e os rumores dispáranse na vila porque todos cren que están amigados, mesmo o home de Conchita.