Todo parece apuntar a que é tempo de cambios en Santo Antonio de Louredo. Horacio leva moito tempo cavilando sobre a súa vocación sacerdotal e chegou o momento de dar unha resposta a todos: ao bispo, aos seus amigos e freguesía de Louredo e, especialmente, a Iria, que agarda unha declaración definitiva para encamiñar o resto da súa vida.
Para a familia de Puri tampouco son tempos doados. A súa filla Fina non atura o control constante de súa nai. Ela e Josito poderían buscar un novo rumbo para as súas vidas, co pequeno Antoniño e lonxe de Louredo, malia ás familias de ambos os dous.
Por outra parte, Delmiro recibirá unha noticia que podería supoñer o seu paso á historia como primeiro edil do concello de Louredo...