A resaca dos actos celebrados durante a Semana Santa golpearán de forma inesperada a Don Horacio e a Delmiro: por unha banda, o bispo Nogueira chamará a capítulo ao sacerdote e, por outra, a directiva do partido intenta contactar de forma urxente co alcalde de Louredo. Un novo conflito avecíñase entre o clero e o poder do rexedor: Delmiro non dubidará en declararlles a guerra aos curas da vila coa intención de recuperar o favor do seu partido.