Que o deporte é saúde, hai quen o discute. E se non que llo pregunten ós cirurxiáns do Balmis. Duranto o transcurso dun partido de fútbol benéfico Losada e Lois teñen un enfrontamento que queda en nada cando Paco sofre unha parada. Mentres tanto, o estado de María é cada día peor. A pesar da diálise, o corpo de María está acumulando toxinas polo que o transplantes é prioritario. Sen dubidalo nin un segundo, Xurxo ofrécese como doador en vivo, pero María non está moi convencida de que esa sexa a solución para os seus problemas.