Unha charla co psicólogo do instituto ó que asiste Migueliño fai pensar a Miro que o seu fillo é un superdotado. Migueliño reúne en primeira instancia algunhas das condicións típicas destes nenos: despistado, preguiceiro, desordenado, abúrrese soberanamente en cada clase á que ten que asistir. Cando o tío Antón aparece na casa dos Pereira cun inesperado agasallo: un potente ordenador cunha chea de programas didácticos, o bo de Migueliño aproveitase da providencial axuda para se facer pasar por un auténtico superdotado e, de paso, abusar da inxenuidade do seu pai, quen, ó se ver cun xenio na familia, mércalle a Migueliño as cousas que vai "precisando" para desenvolver adecuadamente o seu "privilexiado" intelecto. Pero a situación non pode durar indefinidamente e un feito inesperado porá as cousas no seu lugar...